ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO DA UN GOLPE DE AUTORIDADE

Facía trece anos que un piloto galego non subía o máis alto do podio do Rally Rías Baixas. Facía trece anos que Sergio e Diego Vallejo non gañaban en Vigo. E foi onte, na 45ª edición desta proba, cando rompeu esa mala serie. E foi onte, cando os afeccionados galegos ao motor puideron gozar coa vitoria final do piloto lucense. Non foi fácil, nin moito menos, xa que os problemas, as adversidades, as penalizacións e as avarías mantiveron en albas a todos ata o último tramo, o de Mondariz, onde Sergio Vallejo (Porsche 911 GT3) marcou o mellor tempo e adxudicouse esta proba puntuable para o Campionato de España. O segundo posto foi para Miguel Fuster (Porsche 911 GT3), que se mantén líder do campionato, mentres que a terceira posición ocupouna o mozo Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X).


ABRIR + | PECHAR -


O rally comezou ben para Sergio e Diego Vallejo, que marcaron o mellor tempo nos tres primeiros tramos (Samil, As Neves e Covelo), o que lles serviu para empezar a marcar diferenzas cos seus principais rivais, neste caso Miguel Fuster, que se puña a máis de vinte e cinco segundos dos lucenses, e Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X), que deu a sorpresa logrando a vitoria na segunda pasada polas Neves.
Iso non supuxo máis que un toque de atención para os lucenses, que se aceleraron e marcaron o mellor tempo no quinto tramo (Covelo). No sexto foi o líder do campionato o que facía parar antes o cronómetro na liña de meta. E todo iso nun percorrido duro, onde a calor era o principal adversario para os participantes, que comezaban a ter problemas de freos, cos neumáticos que perdían adherencia. Menos mal que chegaba a hora da comida e poderíanse arranxar todos os problemas mecánicos no parque de asistencia. Aínda así, varios pilotos víronse obrigados a abandonar. Unha mágoa.
A xornada vespertina comezou como acabara a matutina: con dominio de Sergio Vallejo, que de novo volvía marcar o mellor tempo. Nesta ocasión lográbao na segunda pasada por Fornelos e na primeira por Ponteareas, o que lle permitía seguir aumentando a brecha con Miguel Fuster.
O piloto alacantino, ademais de estar centrado en alcanzar a primeira posición, tiña a súa particular loita con Xevi Pons para que non lle arrebatase o segundo posto, algo que ao final non sucedeu, aínda que o piloto catalán intentouno.
Pero as sorpresas, a maioría dos problemas e avarías aínda estaban por chegar. Fixérono todas xuntas, nun tramo, o noveno, o de Mondariz, no que o mellor tempo marcouno Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX STI). O piloto cántabro, a pesar do triunfo, non conseguía escalar posicións na xeneral, na que aparecía cuarto e da que non se moveu.
Pero mentres as alegrías eran para Ojeda, os problemas axexaban a Miguel Fuster, que realizou un trompo, debido a un problema cos pneumáticos, o que lle obrigou a cruzar a liña de meta marcha atrás. E tamén a Sergio Vallejo, que rompeu un palier e só puido marcar o sétimo mellor tempo.
A pesar diso, o piloto lucense continuaba líder na xeneral, pero o que non sabía el era que os seus problemas non terminaran e é que a chegada ao parque de reagrupamiento non foi fácil. Había unha gran tensión por se chegaría, se o faría en tempo? Ao final, tras unha tensa espera, unha parada e unha entrada lanzada, o piloto lucense alcanzou o obxectivo e puideron solucionarlle o problema mecánico.
Aínda así, Sergio e Diego Vallejo saíron con tres minutos de atraso cara ao penúltimo tramo, o de Ponteareas, o que ía carrexarlles unha penalización de trinta segundos. Pendentes da decisión dos xuíces, afrontaron os dous últimos percorridos (Ponteareas e Mondariz), con valentía, marcaron o mellor tempo e avantaxaron a Miguel Fuster en case corenta segundos. Segundos que ao final quedaron en 9.7, unha vez que se confirmou a penalización, pero que serviron para darlles o triunfo e para rememorar o logrado fai 13 anos, en 1996, cun ZX 16 V.
A quinta posición foi para Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer Evo IX), seguido por Álvaro Múñiz (Mitsubishi Lancer Evo X) e Xavier Lujua (Mitsubishi Lancer Evo IX). Os galegos Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo IX) e Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo IX), que tiveron moitos problemas. Así, ao final ocuparon o undécimo e o décimo lugar da clasificación final.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba