ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VILARIÑO EN ASTURIAS

Antes de afrontar a seguinte cita do Campionato Galego, Vilariño participará en Asturias para facer quilómetros co seu novo coche.
O piloto lucense Luis Vilariño, que na terceira e máis recente cita do Campionato Galego estreaba a súa nova máquina para este ano, decidiu que é necesaria máis rodaxe co coche:
"O Rallye de Noia chegamos, como se di, sen os deberes feitos. O coche chegou no último intre e non saín a correr nas mellores condicións, pois apenas rodara antes con el. Evidentemente durante a carreira aínda ía descubrindo o coche, e non rodei nunca a gusto. Por iso, antes da cuarta carreira da tempada, que será o Rally do Albariño a mediados deste mes, vainos vir moi ben participar noutra carreira para probar cousas e ir adaptándome ao coche".

É por iso que o equipo do piloto lucense visitará Asturias este fin de semana, para participar no VII Rally Vila de Grado, proba puntuable par o Campionato de Asturias de Rallyes. O Maxi Megane de Vilariño vai ser un dos coches máis admirados e espérase rode entre os mellores. Miguel Arias foi o vencedor desta carreira o ano pasado, chamando especialmente a atención na lista de inscritos provisional desta proba a presenza do Hyundai Accent WRC de Julio Castrillo. En calquera caso, Vilariño comenta que:
"Non me importan os rivais, debido a que en realidade o resultado que obteñamos en Asturias non nos preocupa tanto como o facer as cousas ben, rodar quilómetros e poder chegar con ritmo ao Rallye do Albariño, onde busco un bo resultado para relanzar as nosas opcións o Campionato Galego".


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba