Robert Kubica comprou un coche WRC e rumoréase que o piloto polaco está valorando a idea de inscribirse nunha proba do Campionato do Mundo de Rallys deste ano.O vehículo que adquiriu o polaco é un Skoda Fabia WRC, que pertencera ao piloto checo Jan Kopecky. Diferentes informacións indican que Kubica realizou esta compra para facer "test privados e para divertirse."
Pero outros rumores insisten en que Kubica está preparando o seu debut nunha proba profesional este ano, posiblemente o Rally de Polonia, puntuable para o Mundial, e que se disputará o próximo mes de xuño despois do GP de Gran Bretaña de Fórmula Un.
O piloto de Ferrari Kimi Raikkonen é outro dos pilotos da Fórmula Un moi interesado no mundo dos rallys, habendo participado xa en dúas probas este ano.
0 comentarios:
Publicar un comentario