ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RIAS BAIXAS 2009

Este vindeiro fin de semana disputarase unha nova edición do Rallye Rías Baixas, a primeira proba do Campionato de España que se disputa en Galicia neste 2009. Na liña de saída do rallye estará o equipo formado polos irmáns Burgo, que tras unha ausencia dun par de probas retoman o seu programa no Campionato Nacional. Tras o triunfo logrado no pasado Rallye do Albariño, pertencente ao Campionato Galego, o equipo lucense chega con moita moral a este 45 Rallye Rías Baixas.
O obxectivo a perseguir será o de lograr os primeiros puntos no Campionato de España. Un problema mecánico enturbara o comezo da tempada do equipo Hankook-Café Candeas no Campionato Nacional. A pesar disto, Pedro Burgo móstrase confiado coas prestacións que pode lograr coas novas especificaciones do seu Mitsubishi EVO IX. Por iso o equipo lucense buscará conseguir a vitoria na Copa de España de Grupo N e loitar por meterse entre os primeiros postos da clasificación xeral.

ABRIR + | PECHAR -

"O arranque na Vila Joiosa non foi ben. Con todo, aínda queda moito por correr e confiamos en que do mesmo xeito que no Campionato Galego empecen a chegar os bos resultados. Neste Rías Baixas temos moitas esperanzas depositadas. É correr en Galicia, e iso ten un plus para nós, que nos sentimos especialmente arroupados nos tramos polos afeccionados. Esperamos poder conseguir un bo resultado" comentaba Pedro Burgo antes de partir rumbo a Vigo.
Este 45 Rallye Rías Baixas contará con algunha novidade con respecto a tempadas pasadas. Desta forma, a proba arrincará o venres ás 20:35 horas coa disputa dun tramo espectáculo de 1,37 km. Tras este primeiro prato de degustación, os afeccionados terán durante o sábado o resto do rallye, con seis tramos que se disputarán a dobre pasada. O tramo de Covelo, con 23,62 km será o máis longo de todos eles e porá a dura proba tanto a mecánica dos vehículos como a concentración dos propios pilotos. Ao final do día, os que cheguen ao parque pechado disputarían contra o crono un total de 168,31 quilómetros.

Por outro lado o frenético mes de maio para o equipo Subaru Rally Team Spain e KRS complétase este fin de semana coa súa participación no rallye Rías Baixas, cuarta proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2009. Será o terceiro rallye consecutivo noutras tantas semanas para o equipo oficial de Subaru España, que afronta a partir do venres a primeira cita galega do campionato 2009 coas máximas aspiracións, logo do brillante triunfo do Impreza Prodrive de Enrique García Ojeda e Jordi Barrabés na anterior proba do nacional de asfalto, o Cantabria Infinita, fai apenas quince días.

A vitoria do actual campión de España no rallye cántabro supuxo todo un fito histórico para Subaru ao conseguir o Impreza preparado por KRS o primeiro triunfo en asfalto do último modelo de competición da marca xaponesa. Un magnífico resultado consecuencia directa do traballo de posta a punto que piloto e equipo veñen realizando desde o inicio de tempada, e que no Rías Baixas cubrirá unha nova etapa.

Os dous Impreza Prodrive do Subaru Rally Team Spain enfrontaranse no rallye vigués á habitual oposición do resto de rallyes do Campionato de España, reforzada ademais pola presenza de equipos locais de moi bo nivel. Para o cántabro Enrique García Ojeda, que chega a Vigo como terceiro clasificado da xeneral absoluta, o Rías significará un novo reto na súa loita por renovar o título alcanzado no 2008, mentres que para Mario Ceballos o rallye galego será un novo banzo máis na súa progresión dentro do Campionato de España, no que compite de forma continuada por primeira vez este ano.

SEGUIMENTO DO RALLY
www.radiovoz.com (103.8 y 93.1 de FM)
www.siradio.info (103.1 de FM).
Internet: www.masrallye.com/riasbajasindex.html (para las clasificaciones de cada tramo).


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba