ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

CONTA ATRAS PARA O ALBARIÑO


INFORMACIÓN PICA NO CARTEL

A falla de cinco dias para o Rali e:


ABRIR + | PECHAR -

Tras a participación no mediático "Racingshow Caixanova" durante o pasado fin de semana, Alberto Meira e o seu equipo estiveron a prepararse estes días para regresar aos ralis, nun mes de maio que como vén sendo habitual nas últimas tempadas, se presenta atafegado.

E é que á marxe da participación no Campionato Galego, Meira non quere deixar de estar na saída do Rali Rías Baixas Vodafone, puntuable para o Campionato de España, e que se celebrará en Vigo o último fin de semana do mes.

Non obstante, o equipo quere ir carreira a carreira e por iso hora mesmo o obxectivo principal é lograr un bo resultado no XVIII Rallye do Albariño, cuarta proba do Campionato Galego, que se celebrará o 15 e 16 de maio .

Meira comenta ao respecto que debemos ir paso a paso e agora toca centrarse no Rallye do Albariño, unha proba da que teño un magnífico recordo porque nela logramos a vitoria o ano pasado, un resultado que mesmo nese momento nos permitiu situarnos na cabeza do Campionato Galego de Rallyes. Tanto entón coma agora, as nosas posibilidades reais son as de pelexar por gañar en grupo N, e a partir de aí tratar de rodar o máis rápido posible para rabuñar puntos na clasificación xeral. O ano pasado saíunos moi ben ¡A ver se este ano o repetimos!

Por outro lado...

Despois de estrear o seu recentemente adquirido Renault Maxi Megane en Noia (escenario da anterior proba do galego de rallyes), Luis Vilariño afrontará o vindeiro fin de semana a seguinte proba do Campionato: O Rallye do Albariño

Facendo quilómetros

Tras a anterior carreira, Vilariño facía unha análise crítica da súa propia actuación: En Noia rodei moi por debaixo do que este coche permite, xa que non puiden facer ningún test co Megane, de forma que fun descubrindo o coche no propio rallye. Evidentemente así, sen coñecer o coche, é moi difícil encontrar a confianza para tratar de sacarlle o mellor proveito posible ás súas virtudes. É por iso que Vilariño decidía facer quilómetros co coche antes do seu seguinte envite no certame autonómico, motivo polo cal acudía a participar este fin de semana pasado ao Rali Villa de Grado, proba puntuable para o Campionato asturiano donde quedou 7º despois de picar unha roda nun dos tramos e perder dous minutos e medio.

Antes do rallye variamos a electrónica, pois decidín usar unha cartografía que nos permite empregar gasolina de surtidor. En Grado eu non ía correr contra ninguén, senón a facer quilómetros co coche, e ademais mentres eu mesmo non coñezo o coche bastante como para aproveitar a súa potencia, non vexo necesario usar gasolina específica de competición, dun custo moito maior, e que podo reservar para outras ocasións.

Probamos regraxes para adaptarnos a distintas situacións de carreira, e estou satisfeito por ir encontrándome máis cómodo co coche en cada tramo que completabamos.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba