ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

REMATOU A RACHA

A extraordinaria marca de vitorias do equipo Citroën Total World Rally Team e o seu piloto Sebastien Loeb chegou ao seu fin hoxe en Sardeña, onde o equipo tivo que conformarse coa cuarta posición para Loeb e o 22º posto para Dani Sordo.

Loeb e o seu copiloto Daniel Elena finalizaran a proba en terceira posición absoluta, pero recibiron unha penalización de dous minutos que lles fixo caer ao cuarto posto.

ABRIR + | PECHAR -



"Segundo os comisarios, Daniel quitouse demasiado pronto o arnés de seguridade cando se detiveron a cambiar unha roda no TC11," explicou o director do equipo, Olivier Quesnel. "Unha vez dito iso, tiveron en conta que non foi tan perigoso porque nese momento estaban reducindo a velocidade. Aceptamos a decisión."

Ao final do primeiro día de rallye Loeb parecía estar en disposición de poder loitar pola súa sétima vitoria consecutiva, pero a picada que sufriu o sábado pola tarde arruinou as súas posibilidades.
" É unha pena que a nosa marca de vitorias termine, pero tiña que pasar algún día," dixo Loeb. "Polo menos a xente deixará de falar dun posible gran slam esta tempada, o cal é algo no que nunca crin"
"Nosos problemas deste fin de semana demostran que nunca se pode dar nada por sentado neste campionato, o cal estase volvendo máis emocionante que nunca. Temos que seguir traballando para darlle a volta a esta situación en Grecia," engadiu.

Tras os problemas de turbo do sábado pola tarde, hoxe o obxectivo de Dani Sordo era asegurarse algúns puntos para Citroën no campionato de construtores, pero de novo volveu a ter o mesmo problema: "perdemos outros 20 minutos pola mañá porque tiña que ir parando para deixar pasar aos demais coches," dixo.

Ao estar limitado o número de recambios para os rallyes de Sardeña e Grecia, o equipo desconectou o turbo de sordo nos tres últimos tramos, para asegurar que o coche chegaba ata o final. O abandono de última hora do piloto do Citroën Junior, Conrad Rautenbach, que non puido saír da asistencia final para dirixirse ao podio por mor dun problema eléctrico, permitiu a Sordo sumar un punto extra.

Sordo comentou: "O noso motor tiña pouca potencia, pero pasamolo ben nas seccións en baixada. Era importante chegar á meta. Lográmolo e sumamos dous puntos extra para Citroën no Campionato de Construtores."




Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba