ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

31º RALI CANTABRIA INFINITA

Na tarde do 6 de Mayo as 20 horas pechabase o plazo de inscripción para os equipos participantes na vindeira edición do Rallye Cantabria Infinita, sendo finalmente 39 equipos os que confirmaron a sua asistencia a proba.

ABRIR + | PECHAR -

Grande participación local, con 17 equipos cántabros e salientable a presencia de Ojeda, Vallejo, Fuster e Pons.

Este baixo número de equipos participantes comparado cos da pasada edición, ven motivado pola non participación este ano de duas copas monomarca como son o Desafío Peugeot e a Copa Suzuki, sumando entre as duas 32 participantes o pasado ano.
Outra das copas monomarca que tamén tivo trocos en cuanto o modelo utilizado é a Challenge Citroën Cantabria, deixando de puntuar os veteranos Citroën Saxo e sendo únicamente os Citroën C2 os que poden participar durante a presente tempada, véndose reducido o número de participantes nesta categoría a 3 frente os 17 de pasado ano.
Con so os equipos destas tres copas monomarca, o número de vehículos con relación o pasado ano chega case o medio cento, polo que a inscripción deste ano, a pesar do baixo número,debemos pensar que é lóxica.
Nembargantes os que si estarán na saida da proba o vindeiro 16 de Maio son os que están loitando polo campionato, caso de Miguel Fuster ou Sergio Vallejo cos Porsche ou os Grupo N de Ojeda e Pons, pilotos que teñen opciones de estar loitando pola victoria nunhas estradas que nun principio son mellores para as características dos Grupo N que as dos GT.

A representación cántabra esta composta por un total de 17 pilotos, xa que ademáis de Enrique García Ojeda atopanse inscritos Mario Ceballos co segundo Subaru do equipo, sendo tamén Marcos Diego quen participe cun vehículo de mesmas prestacións e que ha comprou fai pouco. Tamén están inscritos os pilotos do equipo Auto Gomas, Fernando Barcena, Melquíades Fernández e Dani Peña, que despois do seu accidente na primeira proba do ano, voltará nesta proba.
Entre os participantes da Challenge Citroën Cantabria atoparemos a Víctor Pérez, Surhayen Pernía e Iván Solana, sendo os representantes na Challenge Renault Clio R3, Eugenio Mantecón e Jaime San Emeterio, mentras que Javier España e Pedro Zubizarreta defenderán os cores cántabros na Mitsubishi Cup.
Entre a relación de cántabros tamén atopamos a Eloy Entrecanales co seu Porsche 911, a Óscar Corona co Renault Clio Sport, a Javier Polidura co Subaru Impreza e a Eva Martínez co Citroën Saxo.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba