ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

FERREIRO!!!

Grazas á colaboración de Grupo Proquintas, unha promotora inmobiliaria galega, Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo poderán participar esta semana na primeira edición do Rallye de España Histórico. Esta proba é unha de as poucas que se realizan en España exclusivamente para vehículos históricos, contando cos apartados de velocidade e regularidade.

Jesús Ferreiro sairá co seu Porsche 911 SC inscrito en velocidade co número 1, o que lle converte nun dos favoritos para adxudicarse a vitoria. A proba conta con dúas etapas a desenvolver o venres 22 de maio e o sábado 23 de maio. A primeira etapa partirá dende San Lorenzo del Escorial para realizar nove tramos cronometrados, comezando ás 16:00 e finalizando ás 2:00 da madrugada en Segovia. A cidade do acueduto servirá de novo como punto de partida e chegada da segunda etapa, a cal está composta por seis especiais máis, iniciándose ás 9:00 e rematando ás 15:55 horas.

Para Jesús Ferreiro a participación neste rallye é moi importante porque non adoita ser habitual realizar probas deste tipo só para modelos históricos. Fixemos un tremendo esforzo para estar nesta proba que pretende ser unha referencia no futuro. A ver se agora podemos corresponder cun bo resultado o apoio que nos ofreceu Grupo Proquintas, comentaba o piloto de Melide antes de comezar os recoñecementos da proba.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba