ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA CUN "Gr N PLUS"

Alberto Meira ultima os preparativos para participar un ano máis no Rallye Rías Baixas, unha carreira que é moi especial para todo o equipo ao correr "na casa" e enfrontarse aos mellores especialistas nacionais.

Dende mediados desta semana, Alberto Meira e o seu copiloto Álvaro Bañobre tomarán parte nos recoñecementos dos tramos, comezando xa a verdadeira "acción" o venres, tanto co tramo de probas que se celebra pola mañá en Bembrive, como co multitudinario tramo urbano que vai celebrarse pola tarde en Samil, e onde a recado se reunirán miles de persoas.
"Esta é posiblemente a carreira máis importante da tempada, dado que a gran parte dos nosos patrocinadores e apoios son empresas de Vigo, polo que me motiva especialmente lograr un bo resultado ante eles, así como ante toda a miña xente." comenta o piloto de Vincios (Gondomar).

Agora, en N-plus

Meira participará nesta proba a bordo da súa Mitsubishi Lancer Evo IX, aínda que inscrito dentro da "Mitsubishi Evo Cup" polo que empregará neumáticos BF Goodrich en lugar dos Matador habituais.

Por outra banda o seu coche será modificado conforme á normativa "N-plus" do Campionato de España, variándose a electrónica de xestión do motor en base ao diámetro diferente no restrictor de admisión (que en lugar de ser de 32mm como no Cto. galego, será de 36mm).

Isto modificará notablemente as prestacións do coche en canto a potencia e par, algo moi necesario para ter unha oportunidade de facer fronte a pilotos e equipos profesionais como Enrique García Ojeda ou Xevi Pons, entre outros, que compiten na categoría N-Plus. "Sen dúbida, vainos a tocar xogar o papel de David contra varios Goliaths, aínda que non por iso imos deixar de intentar lograr un bo resultado."- comenta Alberto Meira.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba