Esta fin de semana estase a celebrar a cuarta proba do IRC, o Rali Sata Açores,onde o belga Freddy Loix gañou a primeira especial do rali de Azores, de 1,7 km. de percorrido, para porse como primeiro líder da proba. Loix (Peugeot) superou por apenas duas décimas de segundo o británico tamén de Peugeot Kris Meeke. Este venres completase a primeira con 9 tramos.Así as cousas, e a pesar do curto da primera especial (mil setecentos metros) parece claro que os Peugeot de Loix, Meeke e Vouilloz (nunca hai que esquecerse do campión) son os favoritos no rali. Vouilloz foi terceiro... a tres décimas do seu compañeiro de equipo e líder do campeonato, Freddy Loix. ¿Alguén aposta contra eles?

0 comentarios:
Publicar un comentario