ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

NISSAN 350Z CORRERÁ CON GLP...

A terceira cita da Copa de España de Resistencia contará cunha interesante novidade, chegada da man do equipo italiano Astra Racing, que en 2009 estableceu o CER como campo de actuación para os Nissan 350Z, obtendo moi bos resultados na categoría D3.

A formación italiana poñerá en escena no Circuíto de Almería (30 e 31 de maio) un Nissan 350Z propulsado por GLP (Gas Licuado de Petróleo) grazas á colaboración entre Astra Racing e BRC Gas Equipment, unha das compañías máis importantes do mundo en instalación de kits para o uso do GLP. Abreviatura de Gas Licuado de Petróleo, o composto GLP utilízase como combustible para os vehículos, aos cales se lles deben introducir certas modificacións.

BRC Gas Equipment é precisamente unha das empresas líderes no mundo en adaptar vehículos para asegurar o seu correcto funcionamento con GLP. O acordo entre Astra Racing e BRC Gas Equipment permitirá utilizar un combustible altamente ecolóxico nos circuítos do noso país, sendo un primeiro paso cara á introdución do GLP en todos os Nissan 350Z que disputan o CER 2009. Está previsto que todos eles o utilicen xa na última cita da tempada, inicialmente prevista para os días 23 e 24 de outubro en Montmeló (Barcelona).

Deste modo, Astra Racing e BRC Gas Equipment serán pioneiros no uso do GLP en competición en España contribuíndo a aumentar así o coñecemento dun produto que no noso país apenas ten difusión.

A idea de Astra Racing no uso do GLP vai moito máis alá, xa que entre os seus plans está levar a cabo unha iniciativa que permitirá á mítica formación italiana introducirse de cheo nos rallys españois. A intención do equipo é facer correr un Nissan 350Z nalgunha proba do Campionato de España de Rallys de Asfalto, dentro da categoría GT, contando para iso con Toni Gardemeister como piloto. O finlandés, quen comezou a súa carreira deportiva dentro do equipo Astra en 1996, xa venceu no Rally Mille Miglia cun Nissan 350 Z GT en 2007. Este vehículo, co que Gardemeister correrá no noso país, irá tamén propulsado por GLP.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba