ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RALI CANTABRIA INFINITA

A terceira proba do Campionato de España de Ralis finalizou coa esperada vitoria do Subaru de Enrique García-Ojeda, copilotado por Jordi Barrabés.

ABRIR + | PECHAR -

O piloto cántabro acompañáronlle no podio os pilotos do Team Nupel, Xevi Pons-Alex Haro co seu Mitsubishi Lancer Evo X e os andorranos Joan Vinyes-Jordi Mercader que, co seu Clio R3, tamén lograron un importante resultado.

O Rallye Cantabria Infinita comezou co temperán abandono dos irmáns Vallejo e o seu espectacular Porsche GT3 , provocado por un pequeno problema eléctrico no primeiro tramo que, eles mesmos puideron solucionar cando conseguiron localizalo, aínda que perdendo un tempo que lles impediu continuar en carreira. Sergio declarou que foi unha pena, foi a segunda vez nesta tempada que abandonamos por pequenas avarías totalmente imprevisibles. Esta vez foi un relé que se soltou nun bote e que non puidemos localizar a tempo ao quedar escondido debaixo do cadro de instrumentos. Foi conectalo e acender de novo o Porsche sen problemas. Por fortuna, o noso compañeiro Xevi Pons asinou unha extraordinario resultado e ademais, dentro de quince días espero desquitarme e loitar pola vitoria no Rallye Rías Baixas.

O segundo posto de Xevi Pons, que venceu tamén a Evo Cup, permítelle continuar liderando a clasificación xeral de Grupo N, así como manter a segunda posición do Campionato de España, recortando distancias co alacantino Miguel Fuster que, nesta ocasión, obtivo un discreto resultado. Tras chegar á meta de Santander, Xevi mostrouse moi satisfeito, declarando que foi un rali moi difícil, con moitos trocos nas condicións dos tramos, que complicaban a elección de neumáticos e que podían provocar un erro en calquera momento. Quero dedicar este podio a esa gran familia que é o equipo lucense de voleibol EMEVE-laboratorios NUPEL, que está a pasar uns momentos moi duros pola perda de tres das súas rapazas nun recente accidente de tráfico, cando regresaban á casa tras conseguir o subcampionato de España xuvenil.

En quince días comeza o periplo galego do campionato, coa disputa do Rali Rías Baixas, no que o Equipo Nupel estará de novo con todos os seus efectivos.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba