ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VICTOR SENRA TAMEN EN CATALUNYA-COUSTA DOURADA

Este vindeiro fin de semana dispútase o RallyRACC Catalunya, penúltima cita do Campionato Mundial de Rallyes. O piloto dumbriés acudirá, unha vez máis acompañado do estradense David Vázquez, ao rallye sobre asfalto máis prestixioso de España e, quizais, de todo o mundo nestes momentos. A proba en si comezará o próximo venres, 2 de outubro, e rematará o domingo 4, aínda que terá como aperitivo un tramo de probas na mañá do xoves.

Primeira participación no mundial

Para Senra esta será a súa primeira participación no Mundial de Rallyes, polo que o galego acode con moita ilusión e ganas. Creo que todo piloto -indica Senra- desexa participar nunha proba do Campionato do Mundo, ao lado dos mellores do planeta. Para nós é unha grande oportunidade e debemos saber aproveitala e gozar ao máximo, pero sobre todo, intentaremos recompensar o mellor posible os nosos patrocinadores, pois esta é a proba máis importante e prestixiosa do país.

Obxectivo: recuperar o liderado da PRR

A pesar de tratarse dunha cita mundialista, Senra sabe que debe manter os pés no chan e non esquecer en ningún momento cal é o principal obxectivo desta tempada: trataremos de facelo o mellor que poidamos, pero o noso único obxectivo aquí será o de loitar por un novo triunfo na copa Produción Rallye Racing e tratar de recuperar o liderado desta, para situarnos como os principais aspirantes ao título. Debemos ter en conta que quedan catro carreiras e só dúas delas son sobre asfalto, que é onde mellor rendemento logramos, polo que non podemos deixar escapar ningún punto nestas, xa que agora estamos segundos a só tres puntos do líder, que se desenvolve mellor que ninguén sobre terra, valora.

Pero a tarefa non será nada doada, pois por primeira vez o piloto galego tomará parte nunha proba de tres días de duración. Este aspecto limitará en boa medida o seu carácter ofensivo, pois saber conservar a mecánica e os pneumáticos será clave para rematar a carreira e obter un bo resultado. Así o recalca Senra: temos que tomar a proba con moita calma, pois pola contra faríasenos longa en exceso. Sabemos que será moi importante ser conservadores en momentos claves de carreira para, cando chegue o momento, ter reservas e poder atacar... Por outra parte, debemos poñer especial coidado cos pneumáticos e os freos xa que os tramos son moi abrasivos e longos, aínda que tampouco podemos descoidarnos, pois con estas características as diferenzas poden ser moi grandes, máis aínda tendo en conta que os nosos rivais son grandes pilotos.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba