ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

SKODA - NOVA PAXINA WEB

Skoda puxo hoxe en marcha unha nova páxina web na dirección de internet http://www.skodarallyes.és onde, baixo unha estética moi deportiva, infórmase das evolucións do equipo de Alberto Hevia e do Fabia S2000 no Campionato de España de Rallyes de Asfalto. Unha páxina web á que tamén se pode acceder directamente desde a páxina da marca http://www.skoda.és

Tralo éxito no debut do piloto asturiano no pasado Rally de Ferrol e ás portas do Rally Príncipe de Asturias (do 10 ao 12 de setembro), skoda estrea esta páxina para que todos o amantes dos rallyes poida estar informados sobre todas as novidades do skoda Fabia S2000, así como de gozar de videos en exclusiva do vehículo.

A nova páxina web está estructurada en cinco apartados diferentes: Equipo (onde se atopa toda a información relacionada cos pilotos e o Fabia S2000); Rallyes (onde atopamos a diferentes crónicas das probas do campionato); Actualidade (con noticias sobre os rallyes e ?koda); Promociones (neste apartado realizaranse distintos sorteos para poder asistir aos rallyes, coñecer a Alberto Hevia e vivir o rally co equipo) e Descargas (onde se poderán descargar imaxes e videos das diferentes actuacións do Fabia S2000).

Para rematar, a páxina web conta tamén coa colaboración de Josep Maria Ferrer, persoa ligada o mundo da competición desde fai máis de 20 anos. Josep Maria, que foi copiloto de rallyes de pilotos como Mia Bardolet, Josep Arqué ou Luís Climent, escribirá no blog da páxina para contar en directo o desenvolvemento das diferentes probas.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba