ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALONSO XA É DE FERRARI

Séntome moi feliz de poder ser un piloto de Ferrari. Conducir un monopraza do Cavallino Rampante representa un soño para calquera piloto de carreiras, e hoxe teño a sorte de poder realizalo. Quero agradecer a Luca de Montezemolo, presidente de Ferrari, o seu empeño por alcanzar este acordo. Durante o pasado verán asinaramos un contrato a partir de 2011, pero nos últimos días a situación cambiou, e decidimos anticipar min chegada a Maranello un ano antes.

Todos estes anos en Renault foron fantásticos, xuntos conseguimos catro campionatos do mundo (dous de pilotos e dous de construtores) e 17 dos 21 grandes premios que conseguín até agora, foron con eles. Desexo a todo o equipo Renault toda a sorte do mundo, e espero obter no que resta de tempada, o maior número de puntos posibles. Unha vez acabado o gran premio de Abu Dhabi, todas as miñas enerxías estarán enfocadas no próximo ano: estou seguro que xunto a Felipe, saberemos dar grandes alegrías a Ferrari e aos seus moitos afeccionados repartidos por todo o mundo.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba