ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO QUERE CONSOLIDARSE

O piloto galego do Nupel-Team, Sergio Vallejo, asegurou hoxe que acode ao Rallye de Llanes, que se celebra mañá, coa intención de "apontoar" as súas, até agora, serias opcións de proclamarse campión de España desta modalidade deportiva.

Tras conseguir a vitoria no Rallye Príncipe de Asturias, Sergio Vallejo situouse como líder virtual do campionato a falta de disputar 4 probas.

O lucense calcula que chegando en posición de podio en 3 dos rallyes que restan, "temos moitas posibilidades de lograr o Campionato de España, pero tamén hai que recoñecer que aínda queda moito, polo que hai que traballar día a día".

Ante o Rallye de mañá, Vallejo cre que para "os vehículos GT é, teoricamente, máis alcanzable a proba que as anteriores probas de Ferrol ou o Príncipe de Asturias".

Remarcou que a posta a piques da súa Porsche fíxose correctamente e apuntou: "Parece que estará seca (a estrada) e, a priori, todo estará ben para correr a gusto".

Aínda así, Vallejo non se fía e sabe que atopará "seria oposición" en pilotos como Hevia, Fuster, Ojeda ou o seu propio compañeiro de equipo, Xevi Pons.

Asevera que se trata dun Rallye no que coñece "perfectamente" os tramos, co que, advertiu, sairá "a atacar" desde o principio, aínda que logo a competición "diranos ao que podemos optar".

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba