ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

PABLO REY SEGUNDO EN LLANES NA COPA SUZUKI SWIFT

Extraordinario resultado o logrado polo piloto naronés Pablo Rey, que xunto a Miguel Uzal lograban a segunda posición na quinta proba da tempada disputada no sempre complicado Rallye Vila de Llanes. A esta carreira partía como principal favorito o actual líder, Esteban Vallín, pero o seu abandono no segundo tramo deixaba o camiño despexado á parella galega, que tras este rallye aproxímase aínda máis á primeira praza da Copa Suzuki Swift, quedando a falta de dúas probas a só sete puntos do asturiano.

Agora o que non debe fallar é Vallín, pois o regulamento obriga a descontar un resultado, algo que aínda non fixo Pablo Rey, pero que podería loitar tanto no Rallye Costa Brava como no Rallye Shalymar por un título que a principio de tempada parecía pouco menos que imposible, dada a experiencia do piloto asturiano nas copas monomarca.

De todos os xeitos a Vila de Llanes non resultou sinxelo para Pablo Rey, pois o seu Suzuki Swift comezou a derramar valvulina a partir do segundo bucle, o que lle fixo ir aguantando sobre o asfalto e evitando sustos innecesarios para manter esa valiosa segunda praza nunha proba que, xa pola mañá, perdía a varios participantes que optaban ao podio. Por outra banda Pablo Rey aproveitaba a relaxación do gañador, Miguel Anxo Branco, para gañar tres tramos pola tarde, xa que un deles anulábase, o que lle proporcionaba tres puntos extras.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba