ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

KOPECKY GAÑA NO PRINCIPE

A 46ª edición do Rallye Príncipe de Asturias-Cidade de Oviedo tivo como vencedor final ao piloto checo Jan Kopecky, que logrou en Asturias a súa segunda vitoria no IRC, precedendo a Kris Meeke e Nicolas Vouilloz, ambos ao volante de senllos Peugeot 207 S2000 de Kronos Racing.

No primeiro tramo do día, "Berti" Hevia (Skoda Fabia S2000) trabucouse na monta de neumáticos e viuse superado por Kopecky, mentres Basso (Abarth Grande Punto S2000) mantíñase como líder. Pero na terceira especial do día o italiano perdeu moito tempo por mor dun problema no embrague, o que lle custou a primeira posición a favor de Kopecky.

A falta de dous especiais para a conclusión, Hevia estaba a só 15´´ do checo, pero no penúltimo tramo unha roda do seu coche sufriu un reventón que lle fixo caer á sexta posición. Ao final, Kopecky apuntouse a vitoria, segunda consecutiva para o de Skoda logo do seu triunfo no Barum, por diante de Meeke, o seu máximo rival de face ao título, e Vouilloz..

No Campionato de España, Vallejo foi finalmente o vencedor por só 6´´ de renda fronte a Ojeda. Hevia tívose que conformar ao cabo coa terceira praza, precedendo a Xevi Pons (Mitsubishi EVO X) e Joan Vinayes, quen logrou a vitoria na Challenge Renault Clio.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba