ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALBERT LLOVERA XA ESTA PREPARADO PARA O RALLY CATALUNYA

Albert Llovera-Borja Rozada(Fiat Grande Punto S2000) xa están totalmente centrados nos preparativos previos de Rallye Cataluña-Costa Daorada que se iniciará o próximo día 1 de outubro coa cerimonia de saída que se celebrará no podio de Salou a partir das 20 h 00.

Naqueles momentos os equipos terán superado as duras xornadas (dous) de recoñecementos (días 29 e 30) e a última proba co vehículo de competición (shakedown) que se celebrará o mesmo día 1 a partir das 8 h 00. A proba do Campionato do Mundo de Rallyes que se disputa nas estradas catalás ten unha débeda pendente con Llovera e esta tempada o piloto andorrano quérea saldar, digamos que o ano pasado quedamos co mel nos labios e na presente edición da Cataluña queremos completar este rallye duro e complexo no que me sento moi cómodo competindo.Llovera leva moitos días sen competir,concretamente dende o Rallye de Madeira o pasado mes de xullo, pero non descoidou a súa preparación nin a do seu vehículo para afrontar a Cataluña coas máximas garantías de éxito, é evidente que unha carreira de tres días e con máis de 1300 kms., de percorrido ten que ser esixente fisicamente e hai que estar moi preparado. En canto ao coche ao rematar Madeira enviamos o motor a Italia, para non ter sorpresas desagradables durante a disputa da Cataluña. Ademais o piloto andorrano tampouco deixou de evolucionar os mandos que utiliza para para conducir coas mans, nesta ocasión foi o mando do gas o que modificaron: o percorrido do gas era demasiado longo e representaba un esforzo extra para a miña man. Intentamos reducir o mencionado percorrido, quizais demasiado, entón a reacción do coche era moi brusca. Así que nos centramos en encontrar un término medio, creo que despois de varias probas demos coa mellor solución para pilotar co esforzo xusto. Tamén corriximos algúns detalles dos freos. Ou sexa que o FIAT tamén será moi competitivo.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba