ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ABANDONO DE VALLEJO

O piloto galego, Sergio Vallejo, asumiu hoxe que un fallo seu foi o que o levou a ter que abandonar o rallye de Llanes, cando nunha saída de estrada rompeu o radiador, no segundo tramo.

"O fallo foi meu por frear un par de metros mais tarde do que tiña que facelo. Levo 3 anos sen ter unha saída, pero tocoume hoxe", lamentou a EFE o piloto do Nupel-Team.

Vallejo consólase con facer cálculos e estima que con dous segundos postos e un terceiro nas 3 probas que faltan serán suficientes para proclamarse campión de España.

Aínda así, non pode establecer un símil futbolístico: "Si saes a empatar perdes, polo que hai que saír fortes e logo segundo vaia a proba igual pódense establecer estratexias", concretou.

Do incidente de hoxe, Vallejo razoa que cando se vai ao límite "moitas veces libras, pero nesta vez non puiden salvar o incidente." Foi un pau, aínda que eu creo que tampouco cambia substancialmente o campionato", espetou.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba