ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OS BURGO PROCLAMANSE CAMPIÓNS GALEGOS

O equipo de Hankook e Café Candelas conseguiría finalmente facerse co primeiro posto no Rallye San Froilán, e grazas a este resultado proclamarse matematicamente Campións Galegos de 2009. O triunfo alcanzado serve ademais para seguir cos bos resultados logrado nesta carreira, onde os irmáns Burgo subiron ao máis alto do podio final ata en cinco ocasións nos últimos seis anos.

E iso que nesta ocasión, loitar pola vitoria non foi nada sinxelo para os Burgo, que se tiveron que enfrontar cunha das mellores listas de inscritos do Campionato Galego. A pesar de todo, Pedro e Marcos Burgo saíron concentrados e a por todas, marcando unha boa diferenza nos primeiros tramos co resto de participantes. Non obstante, isto non serviría para poder tomarse as cousas con calma, cun Pons moi combativo nos tramos da tarde, e os Burgo terían que pelexar ata o último tramo. Unha penalización a Xevi Pons finalmente permitiría que Pedro e Marcos Burgo conservasen o seu primeiro posto.

Foi un triunfo difícil, pero serve para que consigamos o noso obxectivo de proclamarnos Campións Galegos de 2009. A tempada foi complicada, pero grazas ao esforzo e traballo de todos foi posible conseguir repetir o título logrado en 2008. E ademais esta vitoria é especial, porque é na nosa casa, de onde son tamén uns dos nosos principais patrocinadores e onde o cariño dos afeccionados o sentimos especialmente nas cunetas, comentaba Pedro Burgo ao termo da carreira.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba