Segundo todas as previsións e despois de que o director xeral de Renault admita que "botarán de menos a Alonso", o xoves, no trazado de Suzuka, a Scuderia italiana confirmará a fichaxe do piloto español Fernando Alonso para 2010.Segundo o prestixioso diario alemán Auto Motor und Sport, o acordo entre a escuadra italiana e o piloto asturiano terá lugar este mesmo xoves desde as inmediacións do GP de Xapón.
Ferrari non quere pronunciar as palabras máxicas e estase facendo de rogar. "É unha posibilidade, pero non está garantido", segue declarando o xefe do equipo, Stefano Domenicali. Pero todo os informes apuntan xa a un comunicado oficial no país nipón.
0 comentarios:
Publicar un comentario