ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

FUSTER INTENTARÁ RECORTAR PUNTOS EN LLANES

Nesta ocasión Miguel Fuster xunto ao seu copiloto José Vicente Medina, afrontarán a proba co seu Porsche 911 GT3, onde buscarán alzarse co podio e manter a loita polo campionato. Miguel nestas catro últimas citas, debido a avarías mecánicas e nunha ocasión por saída do asfalto, non puido sumar puntos no seu marcador, polo que nestes intres ocupa a cuarta praza da xeral. Pero o alacantino sabe que a tempada non se debe dar por perdida, xa que aínda restan catro citas para concluído o nacional de asfalto e todo pode ocorrer. O seu obxectivo é finalizar e realizar unha boa actuación que lle axude a subir na clasificación.

O rallye asturiano non presenta case variacións, sendo o seu percorrido un clásico dentro do nacional de asfalto, sendo o seu principal inconveniente a cambiante climatoloxía, o que adoita ser un factor determinante.

Nove serán as especiais, que se realizarán en catro seccións e nunha soa etapa, constando de 162,79 kms. cronometrados. A matinal do venres terá lugar o shakedown, sendo o tramo escollido o da estrada de Colombres, estando disposto o seu percorrido de 2,8 kms., as verificacións e a cerimonia de saída. Ás 8:00 horas comezará a proba asturiana de forma íntegra ao longo da xornada do sábado, tendo previsto que finalice coa entrega de trofeos ás 22:20 horas.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba