ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BURGO NON IRÁ A LLANES

O equipo Hankook-Café Candelas non tomará parte finalmente no Rallye Vila de Llanes. Problemas físicos do seu piloto Pedro Burgo aconsellan un parón na súa actividade deportiva para unha pronta recuperación.

Problemas físicos do piloto motivaron que o equipo Café Candelas - Hankook finalmente non poida participar no próximo Rallye Vila de Llanes, que terá lugar o próximo sábado 26 de setembro. O accidente sufrido no Rallye de Ferrol saldouse cunha serie de molestias físicas que en principio eran de pouca importancia, pero que se agravaron tras a disputa do Rally San Froilán, puntuable para Campionato Galego e onde o piloto lucense se xogaba ser campión absoluto.

Tras unha nova revisión médica, os facultativos recomendaron a Pedro Burgo a non participación para recuperarse definitivamente, polo que o equipo lucense, a pesar de formalizar a súa inscrición na proba asturiana, decidiu finalmente non acudir.

Saímos no San Froilán con bastantes molestias, pero era un rallye moi importante para o noso equipo e os nosos patrocinadores. Ao final todo saíu ben, pero o meu corpo notouno. Agora os médicos recoméndanme un parón para recuperarme ben e evitar males maiores, así que será mellor facelo así. É unha pena porque Llanes é un rally que me gusta e no que levo participando moitos anos, pero esta vez só o poderei gozar dende a cuneta.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba