ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

KRIS MEEKE 1º EN SAN REMO E CAMPIÓN DO IRC 2009

O norirlandés Kris Meeke (Peugeot UK) proclamouse campión no rally de Sanremo. Os seus espectaculares tempos nas dúas primeiras especiais da mañá xa lle permitiron recuperar credibilidade cara ao exterior e, sobre todo, confianza nas súas posibilidades (tras os problemas de freos do venres) e ascender á primeira posición. Despois, salvo o susto maiúsculo da sétima especial, a cuestión foi pouco máis ou menos carne sen ósos.

Nunha dura xornada con cinco tramos e máis de 115 quilómetros cronometrados, Meeke soubo xogar as súas bazas ante a ausencia da súa única rival no campionato, o checo de Skoda Jan Kopecky. Meeke sucede a Nicolas Vouilloz no palmarés dun campionato cada vez máis competitivo. Peugeot, que se proclamou campión por marcas tras o rally Príncipe de Asturias, asegura un ano máis tamén o título de pilotos, esta vez grazas á estrutura de Peugeot UK e á habilidade nos rallys de asfalto do piloto norirlandés, gran revelación da tempada.

Luca Rossetti sacou gran partido da súa participación aos mandos do Grande Punto para proporcionar a Abarth un valioso segundo posto por diante do tamén italiano Renato Travaglia, terceiro cun Peugeot 207 S2000. O campión do ano pasado, Nicolas Vouilloz, foi incapaz de subir ao podio (por catro décimas de segundo), aínda que volveu a superar ao seu compañeiro de equipo, o belga Freddy Loix. Paolo Andreucci, líder tras a primeira etapa, caeu até a sexta posición.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba