ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BURGO PELEXARA POLO CAMPIONATO GALEGO

Gañar o Campionato Galego. Este é o obxectivo co que parte Pedro Burgo este próximo fin de semana, cando tome a saída nunha nova edición do Rallye San Froilán, que se disputa nas estradas da provincia de Lugo. Para conseguilo, Burgo debe controlar aos seus principais rivais e terminar por diante deles nunha proba onde conseguir a vitoria vai estar moi complicado en vista dos inscritos finalmente nela, con vehículos netamente superiores ao seu Mitsubishi EVO VIII.
Malia todo, o coñecemento da zona é un punto a favor do piloto lucense que sairá a dalo todo.

O último abandono de Pedro Burgo no Rallye Sur do Condado aprazou o alirón do equipo Hankook-Café Candeas, que en Lugo terán unha nova oportunidade de conseguir certificar a súa vitoria absoluta e reeditar o campionato logrado o ano pasado. Para conseguir o seu obxectivo, o principal rival de Pedro Burgo será Alberto Meira. Conseguindo clasificarse por diante de Meira e terminando entre os cinco primeiros do Rallye San Froilán, Burgo sería matemáticamente campión galego.
"Gañar en Lugo este ano vai ser moi difícil. Este San Froilán ten unha lista de inscritos que poucos rallyes do nacional envexarían tanto por nivel de pilotos como por vehículos. Pero nós sairemos ás presas pensando no Campionato Galego e para iso debemos fixarnos nos nosos principais rivais. Se conseguimos certificar aquí o primeiro posto cumpriríase un dos nosos obxectivos de principio de tempada. Somos conscientes de que a xente vai querer que saiamos a por todas, pero debemos ser cautos e pensar ante todo no Campionato Galego."


A estrutura da proba variará lixeiramente o esquema que ata agora fora habitual no Campionato Galego. A proba consistirá nun total de noves especiais. Pola mañá os tramos de Ou Corgo e Outeiro de Rei disputaranse a dobre pasada, xunto co de Pazo de Adai, facendo un total de cinco pasadas. Pola tarde, Begonte e Guntín por dúas veces completarán o percorrido. En total case 201 quilómetros, co tramo de Guntín con doce como o máis longo e o de Pazo de Aldai con 8,705 como o máis curto.
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba