ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

EN SAN REMO ESTARAN TODOS OS FAVORITOS

Unha das probas máis históricas e prestixiosas do calendario, e penúltima proba do Intercontinental Rally Challenge 2009, ten lugar este fin de semana no Rally de Sanremo.

Para os participantes do IRC, hai unha batalla polo título de pilotos no seu punto álxido tanto na clasificación xeral como na 2WD Cup, unha loita febril pola segunda e terceira posicións e o reto único dunha proba que se remonta a 1928.


ABRIR + | PECHAR -

O Rally de Sanremo empeza co británico Kris Meeke na cabeza do campionato, con só un punto de vantaxe despois de nove probas. O piloto de Peugeot UK defendeuse do ataque da estrela de Skoda Motorsport Jan Kopecky, que gañou as dúas últimas probas en Asturias e na súa proba de casa na República Checa, co que a loita polo título non se decidirá até as dúas últimas probas.

Para ambo-los dous,o título podería gañarse ou perderse nos tramos de asfalto de Sanremo nos outeiros de Relator Ligure.

Coa sede na costa da Riviera Italiana, non moi lonxe do Principado de Mónaco, o Rally de Sanremo ofrece un marco incomparable para este gran evento deportivo. As estradas estreitas e reviradas pon a proba os límites dos pilotos, esixindo que os coches bailen entre muros e guardarrailes no medio dunha paisaxe espectacular.

Como sempre, a proba atraeu unha gran cantidade de inscricións en todas as categorías, cun total de 52 coches Abarth, Honda, Peugeot, Proton, Ralliart e Skoda disputándose as honras do IRC e 24 máquinas Super 2000 entre eles.

Xunto ao especialista en asfalto Kopecky, o equipo Skoda de fábrica terá un segundo coche pilotado polo finlandés Juho Hanninen, mentres Skoda Italia inscribiu a Piero Longhi e o francés Julien Maurin participará co seu propio Fabia S2000.

O equipo Abarth aumenta o seu habitual equipo de dous coches e terá tres Grande Punto S2000s para o exganador dunha proba WRC Francois Duval xunto cos expertos en Sanremo Luca Rossetti e Umberto Scandola.

Ralliart terá ao seu piloto habitual Franz Wittmann, de Austria, ao volante do seu Evo IX, que competirá xunto ás estrelas locais Simone Campadelli e Fabio Gianfico.

Proton, pola súa banda, confía no británico Guy Wilks mentres continúa co desenvolvemento do seu coche, o Satria Neo S2000.
Coa experiencia do equipo co coche crecendo a cada quilómetro, as expectativas de conseguir máis puntos son altas despois dunha sensacional actuación en Rusia e de conseguir bos tempos durante toda a tempada.

Os coches máis numerosos da lista, a armada de Peugeot 207 S2000 estará encabezada polo líder do campionato Meeke e os pilotos de Benelux Peugeot, o actual campión Nicolas Vouilloz e o belga Freddy Loix. Estes dous homes estarán encerellados nunha batalla pola terceira posición na xeral despois dunha tempada chea de altibaixos, co que ambos estarán a desexar tomar a iniciativa en Sanremo, a falta de só dous rallyes.

Contra eles enfrontarase a crema do talento italiano, todos con coches similares e liderados por Luca Cantamesa, que foi elixido para o BFGoodrich Drivers Team. O coche 'invitado' preparado por Kronos xa conseguiu a vitoria na primeira proba deste ano do IRC no Rally de Monte Carlo en mans da estrela do WRC Sebastien Ogier e Cantamesa estará a desexar igualar ese logro nesta prestixiosa proba.

Na 2WD Cup tamén hai unha gran cantidade de inscritos, empezando polo líder da Copa Denis, seguido de nada menos que outro cinco Peugeot 207 RC, mentres tenta defenderse de Manuel Vila na penúltima proba da tempada. Vila, pola súa banda, estará acompañado doutros pilotos Abarth mentres Honda volve para retomar a tempada, o que ofrecerá entretemento garantido en toda a lista de inscritos.

O 51º Rally de Sanremo empeza o venres 26 de setembro con catro especiais, Picche, Fiori e Quadri, que van dos 10,6 aos 17,5 quilómetros de lonxitude, e continúa coa enorme especial de 44km de Cuori, que terminará a noite.

Estes tramos rápidos e complicados son todo un reto para coches e pilotos desde o principio da proba. Dado que o sol ponse despois de apenas unha hora de competición, os espectaculares tramos nocturnos atraerán unha gran cantidade de afeccionados ao rally de toda Italia e outros países.

O sábado 27 de setembro o rally conclúe con outro cinco tramos máis curtos, aínda que non menos difíciles. Tendo en conta o risco de picadas e trompos, só os pilotos máis rápidos e precisos conseguirán chegar á meta e levar a gloria.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba