ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

XEVI GAÑA NA SUA PRIMEIRA PROBA CO FIESTA S2000

Con só tres tramos por disputar o domingo, o líder da xornada anterior, Martin Prokop, e o español Xavier Pons saíron listos para a loita que decidiría o vencedor do S-WRC en terras Mexicanas.

Pons realizou un tempo impresionante na primeira especial do domingo (TC19), o cal lle bastou para volver situarse por diante de Prokop e liderar o S-WRC tras perder a primeira posición o sábado debido a problemas co embrague do seu coche.

A partir dese momento Prokop decidiu centrarse no segundo posto para reforzar a súa posición no campionato cunha boa suma de puntos, antes que arriscarse a loitar a calquera prezo pola vitoria e non chegar ao final, aínda que se impuxo na última especial, o TC22.

Así pois, Pons puido conducir de forma máis relaxada e asegurarse a vitoria na súa primeira proba do S-WRC co Ford Festa S2000, gañando a categoría por 17.6 segundos de vantaxe.

"É a miña primeira carreira do S-WRC, a miña primeira carreira con este coche, e só fixen 40 Km de test, así que estou moi contento," dixo Pons.

"Tivemos algúns problemas o sábado, pero hoxe o coche ha ir perfecto e sabiamos que podiamos gañar. É un gran coche e nos habemos ir sentindo cada vez máis a gusto a medida que transcorrían os tramos e iamos aprendendo máis cousas sobre el. O maior problema foi a falta de experiencia co coche e os pneumáticos, pero é unha boa forma de empezar."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba