ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ARIAS GAÑA NO BIERZO

Javier Arias conseguiu onte a súa cuarta vitoria no Rally do Bierzo, segunda consecutiva, co seu flamante Ford Focus WRC. O piloto berciano soubo xogar as súas cartas e aproveitou os sucesivos abandonos do resto de favoritos á vitoria final.

Xa no primeiro tramo cronometrado, o madrileño Anxo Domenech (Mitsubishi Lancer EVO IX) dicía adeus á competición, que comezou liderando Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer EVO X). No segundo tramo, Monarri sufriu problemas que, ao cabo, obrigaríanlle a abandonar o rally, cedendo o liderado a Jonathan Pérez (Peugeot 207 S2000), que dominou o segundo e o terceiro tramo por diante de Javier Arias e Jose Marbán (Peugeot 206 WRC).

Foi entón cando se chegou ao cuarto tramo, entre Villafranca e Paradaseca, e a choiva fixo acto de presenza para decidir o devir da carreira. Jonathan Pérez, que lideraba a proba, sufriu un accidente que lle obrigou a abandonar e a dirección de carreira tomou a decisión de neutralizar o tramo, pasando a liderar o rally Javier Arias, que xa non perdería a posición até chegar a Ponferrada.

Na primeira das dúas pasadas ao novo tramo entre Quilós e Veiga de Espinareda, Arias marcou o mellor tempo por diante de Alberto Sansegundo (Mitsubishi Lancer EVO IX). Na xeral, Daniel Marbán (Seat Córdoba WRC), afianzábase na segunda praza, a máis dun minuto e medio de Arias. A segunda pasada a este tramo serviu para certificar a vitoria de Javier Arias, por diante de Daniel Marbán e de Francisco Javier Carracedo (Mitsubish Lancer EVO VIN). Vinte e catro pilotos abandonaron a proba.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba