ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BUTTON GAÑA O GP DE AUSTRALIA

Extraordinaria carreira de Fórmula 1, 59 voltas de infarto para acalar voces, Alonso "Quen dicía que as carreiras eran aburridas que poña o vídeo e repase a carreira". O gañador foi Jenson Button que saíndo desde a P4, na grella de saída, e despois dunha boa saída púidose beneficiar do problema de fiabilidade de Sebastian Vettel que saíndo desde a pole tivo problemas de freos que provocaron a súa saída de pista e moi enfadado dixo á prensa "Estou até os "collóns" de non terminar as carreiras".

O outro piloto que obtivo un gran resultado foi Robert Kubica, piloto de Renault, despois dunha boa saída soubo aguantar os pneumáticos terminando segundo por diante de Felipe Massa, que subiu ao podio co Ferrari. Fernando Alonso despois dunha mala saída e un toque puido recuperar posicións e desde a P18 chegou ao final en P4, aguantando nas fases finais da carreira ao seu antigo compañeiro de McLaren, Lewis Hamilton, o británico conduciu de forma moi agresiva e ao final Webber sacouno da loita ao embestirlo por detrás.

Nico Rosberg foi quinto co Mercedes GP, por diante de Lewis Hamilton, que non tivo un bo fin de semana. Liuzzi na sétima praza con Force India por diante de Barrichello e Webber. Schumacher pechou a zona de puntos despois de adiantar nas últimas voltas a Jaime Alguersuari,( que conseguiu o seu mellor resultado na F1), e a Pedro de la Rosa.
CLASIFICACIÓN FINAL


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba