ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ROBERTO BLACH ESTARÁ NO RALLY DO COCIDO

O Rali do Cocido, que se celebra en Lalín o próximo fin de semana, será a segunda cita do Campionato Galego de ralis e suporá a reaparición de Roberto Blach, a bordo do Skoda Octavia World Rally Car co que xa lle puidemos ver en acción nalgunhas citas da pasada campaña.


Blach, todo un clásico das carreiras en Galicia (o seu debut nos ralis foi no ´89) promete espectáculo a bordo dun vehículo que este ano estrea algunhas melloras e que, en base á nova normativa vixente, roldará os 380 CV: "-Ademais das melloras a nivel mecánico, a carrozaría foi alixeirada e non teño dúbidas de que cando o coche funcione ben, vai ser en grao sumo competitivo do campionato. Creo que os afeccionados van gozar véndoo e esa é a nosa intención, de face a que os nosos patrocinadores causen o maior impacto posible."

Mentres nestes días ultímanse todos os preparativos (incluída a nova rotulación do coche, que se estreará nesta proba), o certo é que Roberto afronta este novo regreso ás carreiras coa calma que dá a experiencia e sobre todo o ter xa outros obxectivos moi distintos aos de outrora, no tocante ao automobilismo: "-As carreiras foron unha parte importantísima da miña vida durante moitos anos, e gústame seguir participando nelas, pero hai tempo que toquei o meu teito deportivo, e actualmente a miña maior preocupación é orientar os pasos dos meus fillos, que compiten en karting"

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba