ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RALLY TORRIÉ - MEIRA SO PUDO SER CUARTO

Onte disputábase a primeira proba do campionato Portugués de Rallyes, o Rally Torrié. Este ano a maior novidade era que se disputaba en asfalto, xa que as últimas edicións disputáronse sobre terra. A lista de inscritos presentábase moi interesante, con pouco máis de 30 inscritos, pero de moita calidade, coa presenza de 2 S2000, varios S1600 e moitos mitsubishi tanto IX como X.

O favorito para esta proba era Bernardo Sousa coa súa Ford Festa S2000, e que cumpriría o prognostico, sendo o máis rápido, aínda que algúns problemas, case lle levan a perder o posto en favor de Vitor Pascoal, segundo clasificado. O cal, quedaría por diante de Ricardo Moura, primeiro do GrupoN.

A proximidade desta proba, animaba a varios pilotos galegos a disputala; Alberto e Bruno Meira, Victor Senra, Pais, Figueiras. Os cales terían sorte variada.
Alberto Meira finalizaba 4º, segundo do grupoN, o cal é un resultado moi positivo despois da victoría no Rally dá Ulloa e antes de disputar o rally de Lalín.

Pola súa banda Victor Senra, sufría dous pichazos no seu 206 S1600 o que lle atrasaba, aínda así finalizando no 6º posto, por detrás de Adruzilo Lopes gañador de 2RM cun Clio R3. En cambio Alex Pais e Figueiras non terían tanta sorte, o primeiro tiña que abandonar tras envorcar o seu Mitsubishi, e o segundo por problemas mecanicos.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba