ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VITOR PASCOAL INTENTARA GAÑAR O RALLY TORRIE

Xa deu mostras máis que suficientes da súa rapidez e consistencia, e continúa á procura do seu primeiro título de campión nacional sendo un dos principais demandantes. Para facer de 2010 o seu ano de consagración, convén arrancar ben e é iso mesmo que se espera do piloto de Amarante, que vai sair nunha das dúas monturas da categoría S2000 inscritas no Rallye Torrié.

"O recoñecementos foron bastante accidentados, foi unha pena o tempo, que se fixo sentir durante os recoñecementos e deixou moitos treitos cheos de suciedade nalgunhas zonas, creando sempre a incógnita de si o día da proba aínda vai estar así ou non, e sería excelente se alí pudesemos pasar máis próximo ao día do rali para confirmar algunhas desas situacións.

O rali vai ser moi rápido, e creo até algo favoráble aos coches do grupo N dadas as velocidades que se poden atinxir. As medias van ser altas e espero sinceramente que o asfalto estea seco, pois se chove e coa suciedade que pode xurdir será sempre unha lotaria en cada curva.

Este ano no CPR temos un bo puñado de pilotos que son candidatos, e eu aínda non conseguín reunir as condicións que desexaba, mais vou facer todo ao meu alcance para andar na fronte, mais non me esquezo que vou sair aínda coas evolucións de 2008 no Peugeot 207 e que iso me trae limitacións.

Imos loitar, loitar sempre pola vitoria neste rali, e despois loitar polo titulo. Espero ter condicións durante o campionato para reunir os apoios que preciso para evolucionar aínda máis o coche e nada mellor que entrar a gañar para xustificar a aposta polo noso proxecto."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba