ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

DOMINIO DE SOLBERG NA PRIMEIRA XORNADA

Petter Solberg (Citroen), é o líder do Rally de México, segunda cita do Mundial, a falta de dúas superespeciales, mentres que Sebastien Loeb é terceiro, a 28,6 segundos do líder, e que Hirvonen (Ford), gañador en Suecia, é sexto a minuto e medio.

Moi lonxe atópase da cabeza o líder do mundial, despois de verse prexudicado por ser o primeiro en saír aos tramos, moi cubertos de po cos problemas de agarre que isto supón para os seus neumáticos. Así, os seus perseguidores, víronse beneficiados do efecto varrido que o de Ford fixo.

Solberg viuse beneficiado da súa atrasada posición de saída. Tamén está a dar a sorpresa o francés Sebastien Ogier, segundo, mentres o español Dani Sordo é cuarto, o que fai que o catro primeiros sexan de Citroen.

A importancia deste sétimo tramo é que impón a orde de saída de mañá co que Solberg, o gran beneficiado de hoxe será o gran prexudicado mañá, mentres que Loeb será o terceiro en saír, algo que podería non beneficiarlle. Hirvonen, sétimo, terá en mellores condicións as pistas, aínda que o tempo perdido pode ser excesivo.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba