ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O TROFEO CURUXARALLYE PARA O DEBUTANTE MARCOS RODRIGUEZ PAZ

Dos once debutantes que estaban na saída, lucindo as cores do Trofeo Curuxarallye e máis do patrocinador do Certame, a Escola Infantil de Karting Pistón-Cup, so tres deron rematado a carreira.
O máis rápido foi Marcos Rodríguez Paz co seu copiloto Aaron Castrodá, a bordo dun Volkswagen Golf Gti. “Estamos na meta, anque nos quedou claro que este é un deporte máis de resitencia que de velocidade: pola mañá romperon os espárragos das rodas, o que nos obrigou a ir moi amodo. Ademais saímos cunha suspensión nova que non puidemos probar.” Pouquiño a pouco foron pasando os treitos e deron chegado á meta que foi “sen dúbida o mellor momento do día. Agora estamos preparando todo para o próximo rallye, o de Noia”

José R. Domínguez saíu ó Cocido “con moita máis cabeza que ó Ulloa. Sabiamos que podiamos ir moito máis rápido, pero o golpe que sufrimos no anterior rallye fíxonos correr con tino e chegar á meta con cautela.” Puideron facer unha segunda sección cómodos, anque a partir de aí “chegou o gran problema: fallaba a bomba de gasolina, polo que non podiamos correr comodamente”. Neste rallye este equipo descubriu a solidaridade e compañeirismo que hai neste deporte xa que “Pontenova (Marcos Rodríguez Rivas) deixounos unha bomba de gasolina. Desde logo, se non fose por el non poderiamos rematar. Por iso queremos agradecerlle o seu xesto”
O terceiro e último piloto que deu rematado a proba foi Iván Piñeiro, a bordo dun Peugeot 106 e copilotado por Ricardo Lires. “A nosa carreira foi un auténtico calvario, un desastre de principio a fin” Nos primeiros treitos da mañá correron cun palier defectuoso, o que lles fixo perder moitos segundos en cada unha das especiais cronometradas. “Na segunda sección, cando amañaramos o problema anterior, quedámonos sen segunda e sen cuarta. Cando, despois da asistencia, pensabamos poder correr sen problema, un fallo na pinza de freno traseira dereita fixo que a condución se volvese moi crítica”. Entre risas, aseguraba “cando pensabamos que xa nada podía ir peor, o coche non quixo arrancar para entrar no último control, polo que o meu copiloto tivo que sacar forzas de fraqueza para poder entrar no Parque Pechado”. Este equipo estará na saída do próximo rallye, no que correrán en casa: o Rallye de Noia.

Peor ca estes tivérono o resto de participantes, coma o gañador na Ulloa, Pedro Villar, sufriu unha “saída de vía sen consecuencias mecánicas, pero nun sitio no que non había público que nos axudase a volver á carreira”; ou coma Sergio Tabeayo, que sufriu unha golpe por ter saído a un tramo coas rodas moi frías, “golpeamos o radiador, o que nos obrigou ó abandono”. Máis serio foi o golpe de Luis Pérez Costas, que golpearon moi forte contra un muro, “o accidente, ademais de obrigarnos a facer unha revisión médica no hospital o mesmo día da carreira, obríganos a facer moitos números, para poder saír no Rallye Ría da Noia”

En Noia, os próximos 17 e 18 de abril, disputarase a 26ª edición do xa clásico Rallye de Noia. Esta será a terceira proba puntuable para esta Copa de Promoción reservada para os pilotos debutantes no 2010, que organiza Curuxarallye, co apoio da Escola Infantil de Karting Pistón-Cup, Anviar SL, a PTC-Escuela e Grafiide

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba