ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

FUSTER DOMINA NA SUA CASA

Alberto Hevia (Skoda Fabia S2000) e Sergio Vallejo (Ford Festa S2000) escoltaron ao de Benidorm no podio. O cantabro Quique García Ojeda (Subaru Impreza) finaliza quinto tras sufrir unha perdida de potencia motivada polo novo combustible.
O piloto de Benidorm Miguel Fuster adxudicouse, por cuarto ano consecutivo, a vitoria no 20º Rallye da Vila proba inagural do Campionato de España de Rallyes de Asfalto. O Porsche de Fuster -único GT entre os inscritos- foi o dominador absoluto facendo o mellor tempo nos seís primeiros tramos do rallye, sendo superado só por Alberto Hevia nos dous últimos tramos do día.

Perdida a emoción por coñecer ao vencedor da proba, a loita polas outras dúas prazas do podio tampouco parecía que estivese moi competida xa que tanto Hevia como Sergio Vallejo fixéronse donos da segunda e terceira posición respectivamente
Quique García Ojeda, o cuarto favorito para adxudicarse a proba, pronto perdeu as súas opcións na proba debido á falta de tempo para poder adaptar o seu vehículo á nova normativa respecto ao combustible único do campionato manifestando, nos micrófonos de COPE, que non tiveron tempo suficiente para realizar os cambios oportunos na súa montura co fin de optimizar o uso do novo combustible. Por este motivo, pronto se vió superado polo Mitsubishi de Victor Senra acomodándose á quinta posición. O abandono do de Mitsubishi non lle permitiu avanzar na clasificación debido a que outro Mitsubishi, neste caso o de Pedro Burgo, realizaba un rallye de menos a máis colocándose cuarto clasificado.

Respecto da Mitsubishi Evo CUP, Xabier Lujua vencía comodamente avantaxando en 2'29'' a Fran Cima e en 3'10'' a Gracia.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba