ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VILARIÑO CON GAÑAS NO RALLY DO COCIDO

Despois dunha meritoria cuarta praza obtida no Rali Comarca dá Ulloa, Luís Vilariño quere mellorar o resultado e a oportunidade para iso chega moi pronto, cun Rali do Cocido que terá lugar no mes de marzo en Lalín e que suporá a segunda cita no presente campionato galego.

Na primeira proba, disputada baixo unhas condicións meteorolóxicas eminentemente invernais, o asfalto esvaradío supuxo un hándicap para Vilariño ao competir nun vehículo de 2 rodas motrices (sendo o mellor clasificado entre todos eles) fronte aos 4x4, pero o de Palas non quere escusas e no "Cocido" cre que se ofrecerá un rendemento mellor.

"-Á carreira anterior non chegamos nas mellores condicións, pois houbo moitos problemas co coche, mesmo algúns non foron solucionados até a véspera do rali. Pero ao longo do día fomos rodando cada vez mellor, e creo que a Lalín chegaremos con algo máis de ritmo."- comenta Vilariño.

Respecto ao Rali do Cocido, de novo espérase nel unha enorme afluencia de afeccionados. Coas verificacións realizándose o venres 12, a carreira en si disputarase enteiramente ao longo do sábado 13, con saída e chegada no Centro Comercial Pontiñas, e os parques de traballo situados no Polígono Lalín 2000.

Así vai o Campionato Galego
POS PILOTO PUNTOS
1º Alberto Meira 245
2º Pedro Burgo 210
3º Jonathan Pérez 175
4º Luís Vilariño 154
5º Álex Pais 133

16º Rali do Cocido
Organiza: Esc. Lalín Deza
Días: 12 e 13 marzo
Quilómetros totais: 463,1 kms
Quilómetros cronometrados: 116,4 kms
Número de tramos: 10 (5 distintos)
Día do Rallye: 13 marzo


Tramos -Hora paso 1º:
A) Monte do Faro (11,8 kms) - 8h43 e 11h44
B) O Couto (14 kms) ? 9h41 e 12h42
C) Castro (6,5 kms) ? 13h30 e 17h06
D) Lebozán (14 kms) ? 16h38 e 19h57
E) Monterroso (11,9 kms) ? 17h54 e 21h00
Rallye en directo: www.temposfga.com

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba