ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LOEB DA UN GOLPE DE AUTORIDADE EN MEXICO

O piloto do Citroën C4 WRC, Sebastien Loeb, sentenciou hoxe a vitoria no Rallye de México, segunda proba do Campionato do Mundo de Rallyes 2010, situándose así á fronte da Clasificación de Pilotos FIA.

Loeb, actual Campión do Mundo, conseguiu unha vantaxe de case un minuto ao longo do sábado e completou o tres tramos de hoxe en primeira posición e con 24.2 segundos de marxe sobre o segundo clasificado, Petter Solberg, aos mandos doutro Citroën C4 WRC.

A vitoria de hoxe foi a 55ª para Loeb e o seu copiloto Daniel Elena no Mundial de Rallyes, e a cuarta consecutiva no Rallye de México. Despois de finalizar segundo fronte ao seu rival de Ford, Mikko Hirvonen, na primeira proba da tempada disputada en Suecia, agora o francés sitúase seis puntos por diante del na clasificación de pilotos.

Pola súa banda o piloto do Citroën Junior Team Sebastien Ogier (tamén cun C4 WRC), clasificouse en terceiro lugar tras perder a loita con Solberg no último tramo, finalizando a carreira a tan só 1.1 segundos de Petter.

Un minuto e 22 segundos por detrás do trío de Citroën, o piloto do equipo BP Ford Abu Dhabi Team, Hirvonen, foi cuarto co seu Ford Focus RS WRC, mentres que o seu compañeiro Jari-Matti Latvala pechou o top cinco.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba