ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO E MARCO LORENZO POÑEN A PUNTO O GT3

O actual campión de España de Rallys, Sergio Vallejo, estivo presente o pasado fin de semana en Tenerife, co obxectivo de axudar tanto a Marco Lorenzo como a todo o equipo Copi Sport a pór a punto o Porsche 911 GT3 co que conseguiu o título nacional o pasado ano.

Desta forma, o piloto galego xunto aos compoñentes do equipo que dirixe Fernando Capdevila desenvolveron diferentes sesións de traballo para o mellor recoñecemento das características da nova montura coa que participará Lorenzo dentro do Campionato de Canarias de Rallys de Asfalto 2010.

Desta forma, baixo a dirección de Vallejo e un dos seus mecánicos, realizouse unha revisión xeral do coche para que os novos responsables técnicos do equipo Copi Sport fosen familiarizándose coa mecánica da montura. Así mesmo, aproveitouse a presenza do corredor galego para rodar co coche polas estradas de Granadilla e desenvolver o reglaje de suspensións.

Ademais, grazas á colaboración tanto da Escuadra Atogo como do concello granadillero púidose pechar un tramo adecuado para comprobar o estado do Porsche 911 GT3 e traballar na súa adaptación ao asfalto canario.

Non só foi Marco Lorenzo o que puido probar o coche, tamén estivo nas probas, o actual campión de Canarias de Rallys de Asfalto, Alfonso Viera, que tivo a oportunidade de porse aos mandos da nova montura.

Ambos os pilotos deron varias pasadas ao tramo e puideron comprobar de primeira man as virtudes dun dos coches que aspira ao título rexional este ano.

Por último, tras a posta a punto na mecánica de suspensións e a técnica de condución, pasouse a desmontar integramente o coche, realizándolle unha completa revisión, para comprobar que está en óptimas condicións pensando na primeira proba do Rexional, o Rally de Santa Brígida.

Vallejo, que se despide así dunha das súas monturas gañadoras, confirmou que estaba "satisfeito" co feito de que o Porsche quedase en Canarias. "O coche participará nun terreo que lle favorece e estará en mans dun equipo moi competitivo. Está claro que Marco Lorenzo ten que adaptarse, polo que necesita tempo para lograr que sexa un coche gañador", comentou.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba