ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

NOVA RETIRADA DE VILARIÑO

O Rallye Sur do Condado supoñía a sexta proba do Campionato Galego de Rallyes 2009, e para Luís Vilariño unha nova oportunidade de seguir facendo quilómetros a bordo do Renault Maxi Megane, xa que en palabras do piloto de Palas "Tralo cambio de vehículo e os abandonos sufridos en momentos crave do campionato, o noso obxetivo céntrase xa en loitar polo título a próxima tempada, polo que agora o único que quero é rodar co coche cada vez máis cómodo, algo para o que me fará falta facer moitos quilómetros e coñecer a fondo o meu vehículo."

ABRIR + | PECHAR -

Por iso, as cousas non podían empezar mellor para Vilariño neste Rallye Sur do Condado, no que Luís marcaba o mellor crono no primeiro tramo: "O primeiro tramo resultaba moi favorable ao noso vehículo, e creo que tanto a iso como a algúns percances alleos débese ese resultado, dado que non saín nin moito menos a fondo, ademais de cometer un par de pequenos erros nalgunha zona. Podíase de feito rodar máis rápido."

Pero xa en segundo tramo, no que estaba rodando moito máis cómodo, Vilariño sufría un golpe nunha roda traseira e tiña que abandonar: "Entrei derrapando nunha curva e a verdade é que me confiei porque pensei que iamos dar a curva sen problema. O malo é que á saída da mesma, unha das rodas traseiras tocou unha pedra que estaba na cuneta, danando o eixe traseiro e tendo a partir de aí que abandonar o rali, pois o coche resultaba inconducible e podiamos acabar causando danos maiores. Así que ao final, volvémosnos de novo dun rallye sen poder completar nin sequera 20 quilómetros de carreira. E o peor non é que a nivel deportivo isto supoña un fiasco, senón o feito de que seguimos sen poder rodar co coche e progresar con el."



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba