A decisión acaba de ser adoptada pola dirección do equipo, que xa contaba con parecer favorable dos responsables de mercadotecnia de Nupel. A destacada actuación de Alvaro Muñiz e César Blanco na súa primeira participación dentro da estrutura do Nupel Rallye Team terá continuidade na seguintes probas do Campionato de España de Rallyes.
Tras coñecer a noticia, Alvaro Muñiz mostrouse feliz coa posibilidade de continuar no seo do Equipo Nupel, no que tan ben nos trataron a nivel deportivo pero, especialmente, a nivel persoal... estou a desexar que chegue o próximo rally subir de novo ao Mitsubishi.
Deste modo, o Team Nupel reafirma a súa aposta polo automobilismo como soporte publicitario, acudindo ás próximas probas do Campionato de España cos Mitsubishi de Xevi Pons - Álex Haro e de Alvaro Muñiz - César Blanco, ademais do habitual Porsche GT3 dos irmáns Sergio e Diego Vallejo.
0 comentarios:
Publicar un comentario