ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MASSA SEGUE EN ESTADO GRAVE

Os responsables do hospital mostrábanse cautos o domingo malia dicir que a recuperación de Massa das graves lesións sufridas na cabeza mostraba sinais positivos.

O director médico do hospital AEK, no centro de Budapest, coñecido por ter unha das mellores unidades de neurología de Europa, creou alarma onte á noite ao dicir que as lesións do piloto de Ferrari "poñían en perigo a súa vida ".

Ferrari e os responsables de Fórmula Un insistiron en que a prognosis era alarmista, pero Peter Bazso repetiu a súa preocupación o domingo, tras espertar a Massa, de 28 anos, durante un breve intervalo para levar a cabo máis probas.

Mentres se interrompía brevemente o coma inducido de Massa, díxose que recoñeceu á súa familia e que intentou falar.

Con todo, ao preguntarlle se a vida do brasileiro seguía en perigo, Bazso contestou: "Si, por suposto. Está nunha fase aguda, non sabemos que pode vir despois."

Revelou que a cirugía do sábado foi para retirar os ósos rotos do cráneo, pero dixo que Massa respondeu ata agora como se esperaba, dadas as lesións que sofre.

Bazso negouse a responder ás especulacións sobre se Massa podería quedar fose do resto da tempada 2009, o que parece probable, ou se podería ter lesións permanentes.

"De momento, debemos centrarnos no que ameaza a súa vida," insistía.

O xefe do equipo Ferrari Stefano Domenicali visitou o hospital o sábado e o domingo pola mañá e declarou aos xornalistas en Hungaroring que volvería logo da carreira.

O seu enxeñeiro de carreira Rob Smedley tamén estivo no hospital AEK, onde os pais e a esposa de Massa.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba