ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

SÓ UNHA PEDRA POIDO CON ARES

Iván Ares acudía a Salvaterra do Miño para participar no Rallye Sur do Condado, a primeira das carreiras que este ano realizou o coruñés a bordo dun Mitsubishi Lancer do afamado preparador "AR Vidal".

Era esta unha ocasión especial pois logo das súas exitosas andanzas no Nacional de Rallyes cun vehículo máis modesto, agora Ares pilotaba por primeira vez un coche con tracción ás 4 rodas, e máis de 300 cabalos de potencia. Isto espertaba a incerteza tanto dos afeccionados, que facían as súas cábalas sobre onde podería clasificarse o piloto de Andeiro, como da prensa especializada, que lle prestaba especial atención realizando xa o venres a TVG unha reportaxe a Iván Ares, previo á carreira.

ABRIR + | PECHAR -

Así resultaba o inicio de carreira de Ares, que pese a algúns problemas nos freos, ocupaba a segunda posición tras dúas tramos disputados, declarando respecto diso que: "foi incrible, porque neste estreo do coche e sen ningunha experiencia previa de carreiras cun Mitsubishi, estabamos situados por diante de pilotos como Alberto Meira, Fernando Rico ou Joao Traila, sendo superados tan só por Pedro Burgo, que é o actual Campión Galego e que leva moitos anos correndo neste tipo de coches. Sinceramente, ata a min custábame crelo."

Desafortunadamente, a carreira terminaba pouco despois para Iván Ares e a súa copiloto Mario Tomei, xa que no terceiro dos tramos cronometrados, danaban un brazo de dirección ao golpear a roda dianteira esquerda contra unha pedra oculta no interior dunha curva. "Estabamos rodando ben, creo que máis cómodos que ao principio do rallye. Pero tras ese golpe, o coche quedouse desalineado. Baixámosnos do coche e tratamos de reparalo, enderezando o brazo de dirección como puidemos, pero ao pouco de reemprender a marcha, tras uns 5 ou 6 quilómetros, rompeuse definitivamente. En caso de chegar a meta, independientemente do tempo perdido, intentase seguir en carreira e chegar á asistencia para reparalo. O resultado era o de menos pois a miña intención era rodar cun coche totalmente novo para min e aprender, pero non puido ser."

A carreira foi vencida finalmente por Alberto Meira, secundado no podio por Fernando Rico e Rodrigo Rodríguez, todos eles a bordo de Mitsubishi Lancer.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba