ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LÓPEZ-FOMBONA ¡¡campión!!

A segunda carreira da Subida a Chantada, a máis numerosa en canto á asistencia de público refírese nas 36 edicións celebradas, converteuse este domingo nunha auténtica festa trala proclamación de José Antonio López-Fombona como campión de España de rallyes de montaña co seu Audi A 4 ST. O piloto de B9 Rácing, aupado polos máis de 30.000 afeccionados, cruzou a meta noveno e primeiro entre os vehículos participantes no Nacional, o que lle valeu para apuntarse o trofeo, algo que lle pillou case por sorpresa.

ABRIR + | PECHAR -




"Non adoito facer contas nunca, por iso non sabía que podiamos gañar en Chantada. Ía con toda a ilusión do mundo como en cada carreira. Con todo, algún que si fixera contas advertiume que era campión", sinalou Fombona trala carreira. O xa campión de España de rallyes de montaña asegurou que a Subida a Chantada "é unha carreira especial" e agradeceu o apoio do numeroso público. "Trátase dunha proba diferente a todas, porque ten dous percorridos antagónicos. O primeiro estrechito e o segundo, case na autopista, co que gozas dos dous. Ademais a Subida conta co aliciente de que o público é moi amable, tiven a sorte de que me animaron moito", recoñeceu Fombona.

Pedro Roca
Pedro Roca, da escudería Urbasa, cruzou a meta en primeiro lugar e converteuse no vencedor do trofeo CM. Pantxo Egozkue (ADC Sport) terminou segundo na mesma modalidade mentres que a terceira praza do podio foi para o Iñigo Martínez, de Vilariño Motosport.

César Rodríguez (Escudería Ourense) cruzou a meta en sexta posición mentres que o chantadino Jorge Varela (Escudería Miño Lugo) logrou terminar a carreira coa súa Clio RS no posto dezanove e quinto no apartado dos vehículos do Nacional de rallyes. Martín Villar, da Escudería Rías Baixas, clasificouse nunha máis que meritoria oitava posición.

Récord de asistencia
Os afeccionados non fallaron na segunda carreira da edición XXXVI da Subida a Chantada, que ademais contaba co aliciente de volver recuperar a puntuabilidad para o Nacional de rallyes de montaña. As máis de 30.000 persoas que se congregaron en distintos puntos do percorrido da proba superaron todos os récords de asistencia da xa longeva competición.

O tempo tamén acompañou. Se o ben o día amenceu nublado, ao longo da mañá o ceo foise despexando e os asistentes situados nos lados da estrada, gozaron dunhas vistas privilexiadas da carreira.

A masiva asistencia de afeccionados non fixo máis que revalidar o éxito dunha proba que a punto estivo de non celebrarse debido á crise económica. A intervención da Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia permitiu rescatar unha edición que ademais fixo historia ao converterse na carreira decisiva no Nacional de rallyes de montaña co coronamiento de López-Fombona.

A numerosa participación de equipos lucenses foi tamén un punto moi positivo nunha edición redonda da Subida a Chantada, que volveu ocupar o lugar que merece dentro do panorama nacional.

A proba arrincou con emoción o pasado sábado cunha carreira intensa na que Pedro Roca logrou alzarse coa vitoria. Con todo, a guinda chegou coa segunda e definitiva carreira que ademais da emoción permitiu aos afeccionados chantadinos gozar do campionato nacional de rallyes de montaña. A organización espera que a Subida continúe coa súa liña ascendente de participación e público en anos vindeiros.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba