ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA-OBXETIVO CUMPLIDO

Dise que o importante non é como empezan as cousas, senón como rematan, e iso pode aplicarse ao Rallye Sur do Condado, sexta proba do Campionato Galego de Rallyes, que se celebrou o pasado fin de semana en Salvaterra do Miño. Porque Alberto Meira comezou o rallye perdendo tempo debido a unha avaría mecánica (danos nun palier), pero acabou gañándoo con 52 segundos de vantaxe sobre o seguinte clasificado, nun día redondo.


ABRIR + | PECHAR -


Líderes do Campionato

Tras o tempo perdido nos dous tramos da primeira sección, Meira e Bañobre recuperaron moi pronto o ritmo ata situarse en segunda posición. A saída de pista de Pedro Burgo no quinto tramo situaba na cabeza o equipo amarelo, que xa non abandonaría ese posto o resto do día. Meira admitía que ó vernos nesa situación, co abandono de Burgo, afrouxamos o ritmo e administrou a vantaxe. Tratábase tan só de que non fallase de novo a mecánica, e por iso neste resultado quero resaltar o mérito do meu equipo, que emendou de forma eficiente os problemas xurdidos pola mañá. É magnífico que este resultado nos sirva para colocarnos na primeira posición do Campionato Galego, pero correndo cun vehículo de grupo N, con inferior preparación aos grupo A, non creo que teñamos realmente moitas posibilidades de optar ao título absoluto fronte a Pedro Burgo.

Así vai o Campionato Galego

  • 1º Alberto Meira – Álvaro Bañobre (Mitsubishi Lancer Evo IX gr.N) – 1.004 puntos
  • 2º Pedro Burgo - Marcos Burgo (Mitsubishi Lancer Evo VIII gr.A) – 903 puntos
  • 3º Fernando Rico - Sergio Martínez (Mitsubishi Lancer Evo VIII gr.A) – 779 puntos

¡Campións!

O obxectivo principal do equipo para esta tempada foi alcanzado neste rallye, posto que Meira é xa matematicamente Campión Galego de Rallyes na categoría grupo N. Na clasificación de vehículos deste certame Meira conta con 1295 puntos, e dado que se reteñen os 6 mellores resultados, non hai xa ningún piloto que poida, nas probas que quedan, sumar máis ca el. Javier Cousiño é o que máis se achega, pero mesmo no caso de gañar o grupo N nas 3 probas que restan, só chegaría a sumar 1292.

Clasificación do Rallye Sur do Condado

  • 1º Meira-Bañobre (Mitsubishi Lancer Evo IX gr.N) 1:03:42,0
  • 2º Rico-Martínez (Mitsubishi Lancer Evo VIII gr.A) a 52.9 segundos
  • 3º Rodríguez-Riveiro (Mitsubishi Lancer Evo IX gr.N) a 1:48.5
  • 4º Bello-Bello (Citroën C2 GT) a 2:32.1
  • 5º Meira-Vila (Peugeot 206 XS) a 2:42.6



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba