ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MASSA EVOLUCIONA FAVORABLEMENTE

Entre tanta nova sensacionalista en canto os médicos dan algún tipo de información, pero nada de danos e secuelas graves por sentado, imos dar unha nova positiva nada morbosa en relación ao estado de Felipe Massa que como xa saberedes de sobras sufriu un aparatoso e nada habitual accidente durante o pasado GP de Hungría.

Felipe Massa segue evolucionando e as últimas noticias indican a que xa lle retiraron a respiración artificial, podendo o piloto xa falar, polo visto, sen maior problema. Os médicos valoran que a recuperación de Felipe Massa será total. Especialmente trala boa evolución que fixo que os médicos decidan non trasladalo de Hungría a Paris como se tiña planeado.

Evidentemente tralo golpe da peza que impactó a Massa, aínda ten secuelas do golpe. O brasileiro ten o ollo esquerdo ?tocado?. Segundo as últimas informacións médicas están esperando o momento propicio na recuperación do piloto para facerlle unhas probas da zona ocular, aínda que os médicos tampouco esperan nin fan pensar en danos irreversibles. Xa que ao recibir un impacto preto da zona ocular, pois o máis normal é que poida haber hemorragia, inflamación, etc.

En base a esa información médica o sensacionalismo xa está retirando a Massa por minusvalía ocular tralo accidente, e dando uns diagnósticos que aínda nin os doutores deron por sentado. Nada que nos sorprenda. Pero nós quedámosnos co bo e é que din que tal como evoluciona e aforrándose o traslado a Paris, Felipe Massa pode estar recuperado totalmente en menos tempo do que nos esperamos.

Iso si, outro cantar é cando poderá estar en condicións de volver ás presas, pois é evidente que cun ollo guiñado non é posible poñerse aos mandos dun Fórmula 1. E como queiramos ou non a vida segue, Luca Cordeiro dei Montezemolo que visitou onte luns ao brasileiro no hospital comentou que de requerir Ferrari un piloto que o substitúa non farán demorar a procura. E ata aquí de momento é o que hai.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba