ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BURGO INTENTARÁ DESMARCARSE NO CONDADO

Así é como se suscita o equipo de Hankook-Café Candelas a súa participación no Rallye Sur do Condado, que terá lugar este vindeiro fin de semana. As altas temperaturas que poden rexistrarse serán un obstáculo a maiores para o Mitsubishi EVO VIII dos irmáns Burgo, quen con todo demostraron que xa son capaces de sobreponerse a estas e vencer no Sur do Condado.

ABRIR + | PECHAR -



Tralos últimos resultados alcanzados, Pedro e Marcos Burgo deron un golpe de autoridade no Campionato Galego alzándose ata o primeiro posto e logrando establecer unha considerable vantaxe coas súas máis inmediatos perseguidores. Pero aínda así o equipo lucense buscará o triunfo no Sur do Condado para deixar encarrilado o Campionato Galego e non quedar a expensas de sorpresas que poidan xurdir.
"As vitorias conseguidas en Narón e no Albariño servíronnos para lograr distanciarnos na xeneral. Non queremos relaxarnos e por iso sairemos a por todas no Rallye Sur do Condado. A temperatura pode causarnos algún problema, pero esperamos poder sobreponernos a todo iso e subir todo o máis alto do caixón. De logralo, teriamos moito camiño andado de face a revalidar o título logrado de campións galegos da pasada tempada" explicaba Pedro Burgo.

Cinco tramos a dobre pasada compoñerán esta edición do Rallye Sur do Condado, adoptando un esquema que empeza a ser habitual no Campionato Galego, coa disputa de cinco especiais pola mañá e outras cinco pola tarde. Tramos con pouca diferenza en kilometraje e que non van permitir baixar o ritmo en ningún momento. Sermiño Sánchez, con 8,90 será o máis breve mentres que Aridos do Mendo con 11,80 o máis longo. En total, 357,06 quilómetros que terán que percorrer os equipos participantes, sendo 102,80 en dura loita contra o crono.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba