ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ABANDONO DOS BURGO

Con este resultado, aprázase un pouco máis o obxetivo de revalidar o título de Campións Galegos, pero a pesar do abandono, os Burgo seguen sendo os favoritos para alzarse co campionato.

E iso que as cousas pintaban ben para Pedro e Marcos Burgo, que ata o último tramo da mañá lideraban con autoridade a clasificación xeral e todo parecía indicar que conseguirían unha nova vitoria. Pero a falta de concentración xogoulle unha mala pasada ao piloto lucense, que no último tramo da mañá se saía da estrada e perdía moito tempo. Tanto que unha vez no parque pechado, o equipo optou por abandonar tendo en conta a imposibilidade de alcanzar un resultado que servise para loitar polo Campionato Galego.

Non sempre vai ser o coche que falle. Nós somos humanos e tamén cometemos erros e nesta ocasión fun eu quen fallou. A falta de concentración fixo que cometese esta saída de estrada, coa mala sorte engadida de facelo nun sitio sen público que nos puidese axudar a regresar á estrada pronto. O resultado, perder máis de dez minutos e toda opción de sumar puntos nesta carreira. Isto explicaba Pedro Burgo tras o abandono no Rallye Sur do Condado.

O Campionato Galego toma agora un descanso, pero non así o equipo de Hankook - Café Candeals, que xa se prepara para unha nova cita co Campionato de España. Será a finais de agosto, coa disputa do 40 Rallye de Ferrol, unha proba onde os irmáns Burgo correrán como na casa e onde intentarán rematar cos malos resultados que os perseguen este ano no Campionato de España.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba