Regresan ao Campionato de España sobre asfalto Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo, aínda que esta vez o farán co Ford Escort MKI para participar na categoría de Históricos. Se ben esta tempada o piloto de Melide decidiu non participar no nacional, centrando os seus intereses noutras probas, a proximidade da vila melidense así como a boa relación que mantén coa Escudería A. Ferrol motivou a súa presenza no Rallye de Ferrol.O seu Escort MKI será o único vehículo de Históricos que presente a lista de inscritos nun ano onde esta categoría non tivo a repercusión de tempadas anteriores. Ante esta circunstancia, Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo seguro que sairán co máis firme propósito de facer gozar a a numerosa afección que encherá as cunetas dos tramos ferrolanos, tendo ademais como complemento a disputa dunha especial no ámbito urbano do recinto feiral FIMO durante a noite do venres, xa que serán dous as etapas a realizar polos participantes, unha o venres pola tarde-noite e outra o sábado pola mañá.
0 comentarios:
Publicar un comentario