O novo piloto madrileño, Alberto Monarri, ganador do Trofeo Citroën C2 2005 e vigente campión do Desafío Peugeot 2008, é oficialmente novo piloto de Subaru Motorsport España, para a tempada 2009.A extraordinaria traxectoria deportiva do novo piloto madrileño unido á súa experiencia e mocidade, foi determinante para a súa elección como piloto oficial da marca.
Cun palmarés brillante, cheo de triunfos e éxitos, Alberto ve cumprido un soño, ser piloto oficial dunha marca tan lendaria no mundo dos rallyes, como é Subaru.
Para esta tempada 2009, Alberto Monarri contará cun Subaru Impreza STI Gr N Plus, preparado e mantido por Promotion Motorsport, co que loitará polos postos de cabeza contra os mellores pilotos do panorama nacional.

O debut do novo piloto madrileño, producirase os próximos días 28 e 29 de Agosto, no Rally de Ferrol, sexta proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto.
0 comentarios:
Publicar un comentario